COGOMELOS CULTIVADOS EN GALICIA BAIXO CRITERIOS DE SOSTIBILIDADE

Entra na nosa TENDA EN LIÑA e bótalle unha ollada.

¿QUEN SOMOS?

Miceltia é unha pequena empresa familiar dedicada á micocultura.
Situados en Muros (A Coruña), iniciamos a nosa andaina no apaixonante mundo dos cogomelos en 2015 co cultivo de shiitake (Lentinula edodes) e, na actualidade, traballamos tamén con outras especies.

Elaboramos substratos produtores de cogomelos, principalmente con restos forestais, para que poidas cultivar setas na casa da forma máis sinxela. Ademais, na nosa tenda en liña podes atopar os nosos produtos deshidratados.

COGOMELOS SOSTIBLES QUE COIDAN DO PLANETA, E TAMÉN DE TI…

Inspirándose no papel dos cogomelos como grandes recicladores da natureza, Miceltia marca a súa folla de ruta, convencida de que unha produción sostible é posible e tratando sempre de que a nosa actividade teña o menor impacto negativo no medio ambiente.

Por iso utilizamos residuos forestais procedentes de biomasa, traballamos coas nosas propias sementes, reciclamos todo o material usado que sexa susceptible de reciclaxe e reutilizamos os nosos substratos, unha vez esgotada a súa vida produtiva, como compost ou como combustible para caldeiras de leña, proporcionando así calefacción e auga quente sanitaria.

Pero os cogomelos, ademais de desempeñar un rol fundamental para a saúde do entorno, tamén poden ser grandes aliados no coidado da nosa saúde en particular, grazas ás súas propiedades inmunomoduladoras e á súa capacidade para estimular e fortalecer o noso sistema inmune.

Isto sábese ben nos países asiáticos, onde levan consumíndoos desde tempos inmemoriais e, neste aspecto, cada vez se está respaldando máis o seu uso terapéutico con continuos estudos científicos que avalan e recoñecen os diferentes beneficios que nos pode achegar cada especie.

Onde estamos: