Condicións de compra

A compra de produtos a través do Sitio Web implica a aceptación sen reservas das condicións xerais de uso e contratación do Sitio Web e conleva que:

  • Les e comprendiches o aquí exposto.
  • Eres unha persoa con capacidade suficiente para contratar.
  • Asumes todas as obrigas aquí establecidas.

As presentes condicións terán un prazo de vixencia indefinido, podendo Miceltia modificar as Condicións Xerais de Uso e Contratación e as Condicións Particulares en calquera momento e sen previo aviso, publicando ditas modificacións no Sitio Web para que poidan ser coñecidas polos usuarios. Estas modificacións non afectarán os produtos ou promocións comprados antes da modificación.

O provedor ou prestador dos produtos contratados é Miceltia, con domicilio social en Vadernado nº22, CP15259, Muros-A Coruña.

Como usuario, es o único responsable da veracidade dos datos persoais facilitados ao prestador, e poderás rexistrarte no Sitio Web seguindo os pasos alí establecidos, proporcionándoche así acceso ao mesmo para comprar produtos e recibir newsletters da empresa. Miceltia intentará, na medida do posible, ofrecer sempre unha imaxe fiel do produto ofertado no Sitio Web, pero sempre prevalecerá a descrición do produto na folla de compra. Do mesmo xeito, para garantir unha información máis completa, tamén se indicará a existencia ou non de stock do produto á maior brevidade posible. No caso de que o produto non estea dispoñible tras realizar a compra, Miceltia informarache da cancelación total ou, de ser o caso, parcial do pedido e da devolución do prezo, se procede.

O prezo de cada produto será o estipulado en cada momento no Sitio Web, salvo erro manifesto. Se se detecta un erro no prezo do produto, informarase ao usuario o antes posible, ofrecendo a opción de reconfirmar o pedido co prezo correcto ou cancelalo. Os prezos poden cambiar en calquera momento, pero (agás o establecido anteriormente) os posibles cambios non afectarán os pedidos para os que xa se enviase unha confirmación de Envío/Pedido.

Os prezos indicados inclúen o Imposto sobre o Valor Engadido (IVE) e están expresados en euros, pero non inclúen os gastos de envío. Tanto o prezo do produto como os impostos e os gastos de envío correspondentes serán detallados no momento da compra. Unha vez realizada a selección de produtos, engadíndoos ao carriño ou cesta, procesarase o pedido e realizarase o pagamento.