Política de envíos e devoluciones

ENVÍOS E CONDICIÓNS DE ENTREGA

Os envíos realízanse unicamente á Península, tendo en conta as especificacións en canto a lugar e prazo de entrega indicadas durante o proceso de compra do produto. Os pedidos recibidos os venres, sábados, domingos ou en véspera de festivos serán enviados o luns ou o seguinte día hábil.

Miceltia non se fai responsable dos danos causados durante o transporte do produto ata o seu destino. Recoméndase contactar coa empresa de transporte nas primeiras 24 horas para reclamar calquera incidencia. Así mesmo, non asumirá ningunha responsabilidade cando a entrega do produto non se poida realizar por datos falsos, incorrectos ou incompletos facilitados por ti ou cando a entrega non sexa posible por causas alleas á empresa de transporte, como a ausencia do destinatario.

Nos casos en que, por causas de forza maior ou por calquera motivo alleo a Miceltia, non se poida realizar a entrega do pedido, comunicarase esta situación coa maior brevidade posible. A entrega do produto considérase efectuada no momento en que o produto está á túa disposición no lugar de entrega indicado por ti.


DEVOLUCIÓNS E CANCELACIÓNS

Debido á natureza do produto ofrecido neste Sitio Web e en conformidade co disposto no Real Decreto Lexislativo 1/2007, do 16 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei Xeral para a Defensa dos Consumidores e Usuarios e outras leis complementarias, o produto non se considera adecuado para o reenvío. Por iso, non se aceptarán devolucións de produtos.

Só se aceptará a cancelación do pedido sempre que este non saíse das nosas instalacións. Neste caso, deberase notificar o antes posible ao correo electrónico que figura no Sitio Web.