¿Shiitake fresco ou deshidratado?

¿Te gusta? Comparte!

Shiitake fresco ou deshidratado?

Shiitake fresco ou shiitake deshidratado… esa é a cuestión!

Poderiamos dicir que para gustos, ¡cores! E aínda que cremos que o shiitake fresco non ten límites para a súa cociña, especialmente naqueles pratos que precisan pouco tempo de cocción, como á prancha, en salteados ou rebozados, é aquí onde apreciarás esa combinación perfecta e zumenta de sabor e textura que achega o fungo fresco.

Para arroces, cremas, sopas ou caldos, guisos e calquera outro tipo de prato que precise tempos de cocción máis longos… recomendamos o shiitake deshidratado porque o prato gañará en sabor.

Ten en conta, iso si, que o shiitake deshidratado nunca recuperará a textura do fresco, pero multiplicará o sabor. Recomendamos dosificar o fungo deshidratado para non excedernos na intensidade de sabor do prato, aproximadamente unha cucharada de shiitake deshidratado por comensal.

¡Bótalle unha ollada ao recetario de Miceltia e proba o noso shiitake fresco ou deshidratado!

Deixa un comentario